Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

Estudo etiquetado dos alimentos UCGAL 2013

A etiqueta é o primeiro medio de acceso á información do que dispoñen as persoas consumidoras en relación cos alimentos que consumen, ademais é o principal medio de comunicación entre produtores, distribuidores e consumidores e constitúese como unha ferramenta imprescindible para que o consumidor poida facer unha elección razoada.

A pesares disto, só un de cada dous consumidores lee con detalle as etiquetas dos produtos (un 52,2% en Galicia) e máis do 85% considera que deberían modificarse dalgún xeito, por exemplo mellorando a claridade, accesibilidade ou lexibilidade. Tamén consideran que debería mellorarse a estructura e forma de presentación da información, esto é das mencións que obrigatoria ou voluntariamente se inclúen nelas.


Os problemas que teñen os consumidores coas etiquetas non é un problema exclusivo das marcas comerciais, as chamadas marcas brancas tampouco están libres de sospeita. Se queres saber máis bota un ollo.