Animais potencialmente perigosos e especies invasoras
A Lei 50/1999, aprobada en decembro dese ano, ten por obxeto establecer a normativa aplicable á tenencia de animais potencialmente perigosos para facela compatible coa seguridade de persoas, bens e outros animais.
O RD 287/2002 desenvolveu a citada lei establecendo os animais potencialmente perigosos pertencentes á fauna doméstica da especie canina, fixando os requisitos mínimos necesarios para obter as licenzas administrativas e concretando as medidas mínimas de seguridade esixibles para a súa tenencia.
O incumprimento destas normas ocasionou graves problemas de seguridade causando 21 mortos nos últimos 10 anos e lesións a persoas e animais.
Os sistemas de identificación animal contabilizan un total de 9.733.162 cans, dos cales 338.132 (3,47%), corresponden ás razas potencialmente perigosas determinadas na normativa vixente.
Melilla (9,60%) e Cataluña cun 7,57% son as zonas que presentan a maior porcentaxe de cans potencialmente perigosos sobre o total dos caninos apuntados. No extremo oposto atópanse Navarra e Estremadura situándose ao redor do 2%.
As CCAA que posúen a porcentaxe máis alta de cans en relación aos animais inscritos nos seus rexistros de identificación son Estremadura (99%) e Navarra por riba do 98%. No lado contrario sitúanse as dúas cidades autónomas ambas por riba do 76%.
Por outra parte, a introdución no territorio de especies invasoras xera un enorme dano á biodiversidade autóctona. Así, por exemplo, a cotorra arxentina ou mapache, son verdadeiras pragas en Madrid.