OPERADORES PRESENTES SO NALGÚN TERRITORIO
No servizo fixo, o caudal medio de subida de TELECABLE rexistra un pobre 81% (18 puntos menos que na descarga). EUSKALTEL acada o 102%. Na baixada, oscilan entre o 90% de R e o 99% de TELECABLE.
Segundo OAUTEL, o volume de reclamacións vai dun 4,41 de R ao 2,43 de EUSKALTEL. Os datos da SETID, afondan nesa imaxe: R[3] (4,56%) e os outros dous operadores por riba do 2,50%. Nas reclamacións sobre facturas R aproxímase ao 1% e os outros dous operadores están por riba do 0,5%. Os tempos de resolución van desde os 26 días de R aos 16 de TELECABLE.
A avarías en telefonía fixa, segundo a SETID, flutúan entre o 0,83% de R ate o 1,60% de TELECABLE. EUSKALTEL repara máis do 97% en 47 horas, os outros operadores reparan preto do 92% en 48 horas. O tempo máximo de reparación supera as 60 horas (R e TELECABLE). EUSKALTEL redúceo a 32 horas. En Internet, as avarías oscilan entre o 3,86% de R e o 1,70% de EUSKALTEL. Nos prazos obxectivos, TELECABLE repara un 88% e EUSKALTEL un 96%. R rexistra tempos máximos de reparación de 98 horas (máis de catro días) e de 80 horas en TELECABLE (máis de 3 días).
En ausencia doutros datos sobre móbil por seren operadores virtuais, as reclamacións por servizos converxentes2 ante a OAUTEL é o más destacado, sendo 3,54 o volume de TELECABLE.
En conclusión, nos ámbitos territoriais autonómicos, a Calidade Global que acada o Grupo EUSKALTEL (integrado por este operador, R e TELECABLE) é de 7,79 puntos. En Calidade Móbil é de 7,22 e na Calidade do servizo Fixo é de 8,35.