Dúas seccións principais, A Fondo e En Análise, abordarán con detalle temas de actualidade e transcendencia no eido do consumo. Diálogos de Comsumo permitirá coñecer de primeira man a opinión de persoeiros de relevancia para o sector e Voces a valoración crítica de profesionais de recoñecido prestixio. Actividades, consultas e outras novas completan o contido desta nova aposta de comunicación da UCGAL.
Podes ler o primeiro número de Criticonsumo AQUÍ