INFORMACIÓN LEGAL
Introdución
O presente aviso legal regula o acceso, navegación e uso dos sitios WEB “consumidores.gal”, e “www.consumidores.gal” propiedade da asociación Unión de Consumidores de Galicia, CIF G-15160609, inscrita no Rexistro Central de Asociacións de Galicia co Nº 6.092, e Rexistro de Organizacións de Consumidores de Galicia con Nº 5 con domicilio social en Santiago de Compostela, Rúa de Boiro, 3 1ºA C.P. 15705, así como as responsabilidades derivadas dunha posible utilización ilícita dos seus contidos (entendéndose por estes, en adiante, os textos, gráficos, debuxos, deseños, códigos, software, fotografías, música, vídeos, sons, bases de datos, imaxes, expresións e informacións, así como calquera outra creación protexida polas leis nacionais e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual e industrial) así como dos servizos ofrecidos no sitio web.
Finalidade so sitio WEB
A finalidade deste sitio web é ofrecer información sobre os proxectos e servizos que a asociación desenvolve ou ten desenvolvido e presta, sen que a través desta páxina se preste ningún outro servizo con fins comerciais, agás dos xa citados.
Propiedade Intelectual
Este sitio foi creado por
TRIWUS, S.C.G.
www.triwus.com
F70516265
Rúa Principal, 50 bx
A Coruña
e en favor da asociación Unión de Consumidores de Galicia, sendo propiedade intelectual da dita asociación tanto o contido como o deseño da Web.
En ningún caso se entenderá, que o feito de permitir aos usuarios o acceso ao sitio web, implica unha renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial dos ditos dereitos por parte do TITULAR.
Queda expresamente prohibido, suprimir, eludir ou manipular o aviso de dereitos de autor ou calquera outro dato de identificación dos dereitos do TITULAR incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información e/ou de identificación que se incorporen aos contidos.
Así mesmo queda prohibido modificar, copiar, reutilizar, explotar, reproducir, comunicar publicamente, descompilar, desensamblar, utilizar técnicas de enxeñería inversa ou calquera outro medio para obter o código fonte, facer segundas ou posteriores publicacións, cargar arquivos, enviar por correo, transmitir, usar, tratar ou distribuír de calquera xeito a totalidade ou parte dos contidos incluídos no presente sitio web para propósitos públicos ou comerciais, agás autorización expresa do TITULAR dos dereitos.
Titularidade e uso do Dominio
Os nomes “consumidores.gal” e “www.consumidores.gal” , Os Benfeito, #Comsumo, son dominios rexistrados polo TITULAR. Os ditos dominios non poderán ser utilizados, agás autorización expresa do TITULAR en conexión con outros contidos, produtos ou servizos, de forma que se puidera ocasionar, dalgún modo, o descrédito ou prexuízo da imaxe ou honra do TITULAR.
Utilización do Sitio Web e dos seus servizos
Entenderase que o acceso ou a mera utilización do Sitio Web por parte do usuario implica a adhesión plena e sen reservas ás Condicións Xerais publicadas, no momento de acceso ao Sitio Web.
Calquera usuario ou usuaria que desexe traladar unha petición, suxestións ou queixa poderá remitilo ao enderezo domicilio da organización (Rúa Boiro, 3 1ºA 15705 Santiago de Compostela).
Responsabilidade e garantías
O TITULAR resérvase o dereito a modificar e/ou suprimir os contidos do Sitio Web sen previo aviso. Non garante nin se fai responsábel da existencia de virus e/ou demais compoñentes nocivos no Sitio Web ou no servidor que os subministra, tanto na visualización dos contidos polos Usuarios como na descarga dos mesmos ou a invulnerabilidade do sitio web.
O TITULAR non se fai responsábel do mal funcionamento da páxina ou dos contidos das páxinas enlazadas que contén o sitio.
O TITULAR no se fai responsábel do mal uso que puidera chegar a facerse con ocasión do acceso á información publicada na web.
Duración e Modificación
Os termos e condicións do presente aviso, poderán ser modificados de xeito unilateral polo TITULAR, total ou parcialmente. As ditas modificacións serán postas en coñecemento dos usuarios na mesma forma en que as presentes Condicións Xerais aparecen no sitio ou a través de calquera tipo de comunicación dirixida a estes.
A vixencia temporal destas Condicións Xerais coincide, polo tanto, co tempo da súa exposición, ata o momento en que sexan modificadas total ou parcialmente.
Con independencia do disposto nas posibles condicións particulares, o TITULAR poderá dar por terminado, suspender ou interromper unilateralmente o acceso aos contidos do Sitio Web. Logo da dita extinción, seguirán vixentes as prohibicións de uso dos contidos expostos anteriormente nas presentes Condicións Xerais.
Xurisdición e Lei Aplicábel
A interpretación das presentes Condicións Xerais así como calquera conflito xurdido en relación cos contidos ou dereitos sobre o Sitio Web queda sometida á lexislación e Tribunais Españois.
O presente aviso legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola Lexislación Española.
Xeneralidades
Os encabezamentos dos distintos apartados teñen mero carácter informativo e, non afectarán, cualificarán ou ampliarán a interpretación das Condicións Xerais.
En caso de existir discrepancia entre o establecido nestas Condicións Xerais e as Condicións Particulares establecidas para un servizo específico, prevalecerán estas últimas.
A nulidade ou inaplicabilidade de calquera das disposicións das presentes Condicións Xerais, na súa totalidade ou en parte, declarada por calquera Xulgado, Tribunal ou órgano administrativo, non afectará ao resto destas Condicións Xerais nin ás Condicións Particulares dos diferentes servizos do sitio Web.
A falta de exercicio polo TITULAR de calquera dereito ou disposición contida nas Condicións Xerais non constituirá unha renuncia aos mesmos, agás que así se faga constar expresamente por escrito.