¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Na unión de consumidores traballamos para facer valer os teus dereitos como persoa consumidora e os de toda a poboación en prol do interese xeral

Familia Benfeito

Os Benfeito

Os Benfeito son unha fórmula nova e diferente a todo o previamente feito desde esta organización, trátase dunha ferramenta de comunicación que conxuga innovación con accesibilidade e que se adapta a distintos perfís de público co obxectivo de achegar as mensaxes que UCGAL, por si mesma ou en colaboración con empresas, entidades e administracións; desexa trasladar ó conxunto da sociedade galega. Grazas a esta banda deseñada, a entidade poderá transmitir dunha forma directa, rápida, comprensible e moi accesible as súas mensaxes e os resultados do seu traballo.

Os membros da familia Benfeito

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

As historias da familia Benfeito

  • Queres coñecer a primeira historia da familia Benfeito? Sabes por que é importante facerse socio da UCGAL? Pincha AQUÍ.

  • A familia foi de compras ó supermercado. Na casa apostamos polo produto fresco e local de calidade e a bo prezo. Acompáñanos pinchando AQUÍ.

  • Estamos de obras na casa da avoa, queremos facela máis segura e confortable e por iso imos poñer la mineral illante. Pincha AQUÍ para coñecer os beneficios deste material.

  • No supermercado compramos peixe e marisco conxelado. Quers aprender un pouco sobre estes produtos? Pincha AQUÍ.

Consumo responsable coa familia Benfeito

Os Benfeito presentan unha serie de vídeos sobre consumo responsable. Os vídeos inclúen unha serie de consellos sobre consumo responsable á hora de facer as nosas compras. Así, destacase a necesidade de facer unha lista da compra antes de acudir ao establecemento comercial, faise fincapé no positivo que é decantarse por produtos de temporada e recoméndase optar por bolsas que non sexan de plástico.

Making Off

Se non asistiches ao acto de presentación, aquí che deixamos un video do making off.