Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Familia Benfeito

Os Benfeito

Os Benfeito son unha fórmula nova e diferente a todo o previamente feito desde esta organización, trátase dunha ferramenta de comunicación que conxuga innovación con accesibilidade e que se adapta a distintos perfís de público co obxectivo de achegar as mensaxes que UCGAL, por si mesma ou en colaboración con empresas, entidades e administracións; desexa trasladar ó conxunto da sociedade galega. Grazas a esta banda deseñada, a entidade poderá transmitir dunha forma directa, rápida, comprensible e moi accesible as súas mensaxes e os resultados do seu traballo.

Os membros da familia Benfeito

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

As historias da familia Benfeito

  • Queres coñecer a primeira historia da familia Benfeito? Sabes por que é importante facerse socio da UCGAL? Pincha AQUÍ.

  • A familia foi de compras ó supermercado. Na casa apostamos polo produto fresco e local de calidade e a bo prezo. Acompáñanos pinchando AQUÍ.

  • Estamos de obras na casa da avoa, queremos facela máis segura e confortable e por iso imos poñer la mineral illante. Pincha AQUÍ para coñecer os beneficios deste material.

  • No supermercado compramos peixe e marisco conxelado. Queres aprender un pouco sobre estes produtos? Pincha AQUÍ.

 

Sintonía oficial

Escoita aquí a sintonía oficial de Os Benfeito, creada polo noso amigo e socio Tonhito de Poi

Consumo responsable coa familia Benfeito

Os Benfeito presentan unha serie de vídeos sobre consumo responsable. Os vídeos inclúen unha serie de consellos sobre consumo responsable á hora de facer as nosas compras. Así, destacase a necesidade de facer unha lista da compra antes de acudir ao establecemento comercial, faise fincapé no positivo que é decantarse por produtos de temporada e recoméndase optar por bolsas que non sexan de plástico.

Making Off

Se non asistiches ao acto de presentación, aquí che deixamos un video do making off.