Escolle a COTA FAMILIAR se queres que a túa parella e fillos menores ou con discapacidade desfruten das mesmas vantaxes.
Ademais dos teus dereitos políticos, uníndote á UCGAL na MODALIDADE ORDINARIA gozarás das seguintes vantaxes:
- Atenderemos as túas consultas en materias de consumo.
- Asesorarémosche con carácter previo á sinatura de contratos de consumo.
- Tramitaremos as túas reclamacións como persoa consumidora en vía extraxudicial, mediante o procedemento da mediación.
- Interporemos no teu nome denuncias e queixas ante as administracións ou entidades competentes no teu conflito de consumo.
- Redactaremos as túas solicitudes de arbitraxe de consumo e de transportes.
- Participarás nos programas gratuítos de formación e educación do consumidor organizados por UCGAL e recibiras no teu correo electrónico os resultados dos estudos e informes que elaboramos.
Cando te unas a nós aboarás unha COTA DE ALTA de 75,00 €, e a partir do 1 de xaneiro do seguinte ano a cota correspondente á Modalidade Familiar que ascende a 45,00 € anuais.
Lembra que os recibos pásanse ao cobro en febreiro, así que se decides deixar de formar parte da asociación, non esquezas comunicarnos a túa decisión antes do 15 de xaneiro; igual que a ti, non nos gusta pagar comisións aos bancos!!!!.