Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

Modalidade Plena

Categoría raíz

Ademais dos teus dereitos políticos, uníndote á UCGAL na MODALIDADE PLENA gozarás das seguintes vantaxes:

  • Atenderemos as túas consultas en materias de consumo.
  • Asesorarémosche con carácter previo á sinatura de contratos de consumo.
  • Tramitaremos as túas reclamacións como persoa consumidora en vía extraxudicial, mediante o procedemento da mediación.
  • Interporemos no teu nome denuncias e queixas ante as administracións ou entidades competentes no teu conflito de consumo.
  • Redactaremos as túas solicitudes de arbitraxe de consumo e de transportes.
  • Participarás nos programas gratuítos de formación e educación do consumidor organizados por UCGAL e recibiras no teu correo electrónico os resultados dos estudos e informes que elaboramos.
  • Accederás en condicións económicas favorables aos servizos de profesionais cos que UCGAL manteña acordos de colaboración (avogado/a, procurador/a, xestor/a administrativo/a, etc.)
  • Participarás sen custe nas actividades de formación e educación de pago.

 

Cando te unas a nós aboarás unha COTA DE ALTA de 75,00 €, e a partir do 1 de xaneiro do seguinte ano a cota correspondente á Modalidade Plena que ascende a 75,00 € anuais.

Lembra que os recibos pásanse ao cobro en febreiro, así que se decides deixar de formar parte da asociación, non esquezas comunicarnos a túa decisión antes do 15 de xaneiro; igual que a ti, non nos gusta pagar comisións aos bancos!!!!.

75,00 €
UCGAL Asóciate. Formulario de adhesión de socios.