35 anos ao teu servizo
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) é unha asociación privada que xurdíu a finais de 1988 co propósito de recoller e servir de canle das reivindicacións do conxunto das persoas consumidoras e usuarias galegas na loita por unha progresiva mellora na calidade de vida da cidadanía.
Dende a súa creación, a Unión de Consumidores de Galicia ten atendido milleiros de consultas e tramitado centos de reclamacións e/ou denuncias a instancias dos seus asociados/as; ten participado activamente no proceso de elaboración das disposicións normativas que nos afectan como consumidores e/ou usuarios, elaborado numerosas publicacións informativas, impartido centenares de obradoiros e conferencias e denunciado públicamente situacións de inxustiza ou prexudiciais para os nosos intereses como consumidores e usuarios.
Na procura destes obxectivos a Unión de Consumidores de Galicia desenvolve o seu labor en diferentes eidos que afectan ás persoas consumidoras, tales como sanidade, comercio, servizos públicos, educación, medio ambiente, etc.
UCGAL está inscrita no Rexistro Central de Asociacións de Galicia con número 6092-2003-1, no Rexistro de Asociacións de Consumidores e Usuarios de Galicia co número 5, no Rexistro de Asociacións de Lugo co número 861 e no Rexistro de Asociacións de Vigo co número 1458-24.
Para fortalecer este traballo, a Unión UCGAL forma parte de diversos órganos consultivos de Galicia: