Que debes saber sobre a reclamación dos gastos hipotecarios?
Cal é o prazo para reclamar?
A regra xeral en relación á reclamación sobre cláusulas abusivas é que non existe prazo para a nosa reclamación. Non obstante, é certo que queda por clarificar a cuestión prexudicial que o Tribunal Supremo fai ao TJUE da cuxa resolución puidera considerarse un prazo de reclamación que finalizaría en xaneiro de 2024. Por isto, se estás interesada/o en reclamar non deixes pasar o tempo e fainos chegar a documentación para que poidamos reclamar no teu nome.
Cómo se realiza a reclamación?
O equipo da UCGAL tramitará en primeiro termo unha reclamación extraxudicial contra a entidade financeira, xa que logo algún banco está a aceptar a reclamación en aras a evitar os gastos dun proceso xudicial. No caso de que a entidade non acepte a reclamación acudiremos ao xulgado con avogada/o e procurador/a na defensa dos teus intereses.
NON DEIXES QUE O BANCO QUEDE CO TEU DIÑEIRO!!! ASÓCIATE!!!