O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras acudiu á sede da Unión de Consumidores de Galicia logo da invitación da nosa presidenta, Rocio Arnoso.
Durante a xuntanza, a presidenta da UCGAL trasladou ao delegado a petición de colaboración do Goberno de España en distintos proxectos divulgativos e formativos nos que a asociación está a traballar e nos cales a colaboración da administración do Estado resulta imprescindible en atención ás competencias que lle corresponden. Así, entre outras cousas analizaron aspectos relacionados co etiquetado de alimentos, as reclamacións colectivas ou o desenvolvemento dos obxectivos de desenvolvemento sostible e axenda 2030.
De igual xeito analizaron o deseño da próxima edición dos Premios Benfeito de Consumo que se celebrarán o próximo ano logo do enorme éxito e acollida que tivo en toda a sociedade galega a súa primeira edición.