Quen participou no deseño do estudo?
Miguel López Crespo, Secretario Xeral de Unión de Consumidores de Galicia é o responsable do estudo, tendo coordinado o seu deseño e execución. Conta con ampla experiencia no desenvolvemento de traballos desta natureza realizados ao longo dos últimos anos, centrados nos hábitos e comportamentos do consumidor. É membro, entre outros, do Consello Económico e Social de Galicia, do Consello Gallego de Estatística, así como Vicepresidente do Consello Galego de Consumidores e Usuarios. O seu especial interese pola posta en valor de produtos alimenticios de calidade diferenciada levoulle a promover o primeiro grupo de traballo entre representantes dos distintos consellos reguladores das DOP e IGP de Galicia e unha asociación de consumidores; así como do primeiro observatorio de prezos do leite realizado en colaboración con profesionais da gandería galega.
Rafael Urrialde de Andrés, Profesor e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid, especialista en seguridade alimentaria, nutrición, alimentación, sostibilidade e saúde foi o piar técnico deste traballo. Rafael Urrialde conta cunha vasta experiencia neste eido e desenvolve a súa actividade docente no Departamento de Xenética, Fisioloxía e Microbioloxía da UCM e na Área de Nutrición e Bromatoloxía do Departamento de Ciencias Farmacéuticas e da Saúde da Universidade San Pablo CEU. É membro do Comité Científico da Fundación Iberoamericana da Nutrición e Presidente da Comisión Científica da Sociedade Española de Medicina do Deporte, e foi nomeado Profesor Colaborador Honorífico de Nutrición e Dietética da Facultade de Enfermería da Universidade de Valladolid.
A colaboración de Rafael Urrialde como experto neste proxecto foi totalmente desinteresada e non levou ningunha contraprestación nen económica nen material, nen directa nen indirectamente, non existiendo ningún tipo de conflito de interese.