Os Benfeito son unha fórmula nova e diferente a todo o previamente feito desde esta organización, trátase dunha ferramenta de comunicación que conxuga innovación con accesibilidade e que se adapta a distintos perfís de público co obxectivo de achegar as mensaxes que UCGAL, por si mesma ou en colaboración con empresas, entidades e administracións; desexa trasladar ó conxunto da sociedade galega. Grazas a esta banda deseñada, a entidade poderá transmitir dunha forma directa, rápida, comprensible e moi accesible as súas mensaxes e os resultados do seu traballo.